Aida - Ópera, Padroado de Cultura Concello de Narón
28

OPERA

Música de Giuseppe Verdi e libreto de Ghislanzoni. Baseada na versión francesa da historia proposta polo egiptólogo Auguste Mariette, estreouse o 24 de decembro de 1871, no Teatro da Ópera do Cairo, onde tivo un indiscutible éxito.

Esta obra narra unha historia de amor truncada polas circunstancias, un romance errado con final dramático, na que os personaxes se deixan guiar polos sentimentos. Composta por catro actos e ambientada no Exipto faraónico narra a paixón entre Aída - unha princesa etíope pero escrava en Exipto - e Ramadés - militar exipcio e comandante das forzas que ocuparon a terra de Aída -. A este amor opóñense Amonasro - pai de Aída - que esixe vinganza e Anmeris - filla do faraón -, que tamén ama a Radamés.

Esta ópera, de grandes dimensións e de espectacular posta en escena, conta con arias tan populares como son: Celeste Aída, Gloria all´Exipto ou a Marcha Triunfal.

Xénero: MúsicaÓpera
Lugar do espectáculo: Pazo da Cultura
Duración: 2H 45MIN
Prezos:
Público Xeral 28€ / 19.60€ Abonados, Desempregados ou Carne Xove ou de Estudante(ata 25 anos)

*A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.

**Espectáculo en período de reserva de abonad@s. Entradas á venda ao público xeral a partir de xoves 4 de xaneiro na billeteira do Pazo ou a través da nosa web:
https://www.padroadodecultura.es/gl/espectaculos/evento/aida

video: https://www.youtube.com/watch?v=0F539h82QS8

+info 981 102 897
#ViveoPazodaCultura

Teatro y espectáculos

más Teatro y espectáculos que te puede interesar...



más