Bernarda Alba, Padroado de Cultura Concello de Narón
6,7
Sáb.13.Ene 20:00
Padroado de Cultura Concello de Narón, Trasancos

Bernarda é unha nai autoritaria con estritos valores morais. Ao morrer o seu marido impón ás súas fillas un loito de oito anos, que as obriga a reprimir as súas ansias de amor e liberdade. Encerradas nas catro paredes da súa casa, manteñen unha hipócrita simulación de harmonía, que se verá perturbada pola presenza dun home, Pepe El Romano, polo que son capaces de morrer e matar. A casa convértese nun cárcere onde se palpa unha
atmosfera infernal, unha terrible opresión que evoluciona nunha especie de manicomio habitado por un niño de víboras. Finalmente, a represión extrema termina en traxedia. Bernarda Alba é un canto á liberdade do ser humano.

Prezos:
Abonad@s: 6.65€
Público Xeral: 9.50€
Tarifa reducida: 6.65€

*A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.

*Espectáculo en período de reserva de abonad@s. Venda ao público xeral a partir do 4 de xaneiro na billeteira do Pazo da Cultura ou a través da nosa web:
https://www.padroadodecultura.es/gl/espectaculos/evento/bernarda-alba

video: https://www.youtube.com/watch?v=iqAMlaktZWE

+info 981 102 897

Conciertos

más Conciertos que te puede interesar...



más