Cine
Sáb.12.May 21:00
Concello de Ferrol, Vilar

Os cineconcertos son unha atractiva proposta do Teatro Jofre onde o espectador poderá asisitir a proxeccións dalgún dos mellores títulos do patrimonio fílmico universal con música en directo de grandes compositores e intérpretes.

O sábado 12 de maio disfrutaremos de "Metrópolis" con Morales no Teatro Jofre de Ferrol.

- Apertura de portas: 20:30h.
- Cineconcerto: 21:00h.
- Entrada adiantada: Dende 8 euros.
- Entrada billeteira: 10 euros.
- Entradas a venda na billeteira do Jofre e www.ataquilla.com

Futuro, ano 2000. Na megalópolis de Metrópolis a sociedade divídese en dúas clases, os ricos que teñen o poder e os medios de produción, rodeados de luxos, espazos amplos e xardíns, e os obreiros, condenados a vivir en condicións dramáticas recluídos nun gueto subterráneo, onde se atopa o corazón industrial da cidade. Un día Freder (Alfred Abel), o fillo do todoperoso Joh Fredersen (Gustav Frohlich), o home que controla a cidade, descobre os duros aspectos laborais dos obreiros tras namorarse de María (Brigitte Helm), unha rapariga de orixe humilde, venerada polas clases baixas e que predica os bos sentimentos e ao amor. O fillo entón advirte ao seu pai que os traballadores poderían rebelarse.