Cine
Sáb.14.Abr 21:00
Concello de Ferrol, Vilar

Os cineconcertos son unha atractiva proposta do Teatro Jofre onde o espectador poderá asisitir a proxeccións dalgún dos mellores títulos do patrimonio fílmico universal con música en directo de grandes compositores e intérpretes.

O sábado 14 de abril poderémos disfrutar de "O home mosca" con Adrián Begoña Trío.

- Apertura de portas: 20:30h.
- Cineconcerto: 21:00h.
- Entrada adiantada: Dende 8 euros.
- Entrada billeteira: 10 euros.
- Entradas a venda na billeteira do Jofre e www.ataquilla.com

A obra mestra de Harold Lloyd. A escena do xenial cómico escalando un edificio supón un dos momentos máis grandes do cine mudo, e o seu clímax -Harold colgado das manillas do reloxo- segue sendo unha das escenas estelares da historia da sétima arte.