Conferencias, cursos, y congresos
Dom.29.Abr 11:30
NUMAX, Santiago de Compostela

Gran noticia para as persoas afeccionadas ao mellor cinema en Santiago de Compostela e arredores. Nobuhiro Suwa, «o cineasta xaponés máis importante do século XXI» (Otros Cines Europa, Manu Yañez) ofrecerá un encontro co público do Cinema NUMAX!! Será o domingo 29 de abril ás 11:30 da mañá dentro do programa A COR DAS PALABRAS. ENCONTROS CON CINEASTAS, organizado polo Concello de Santiago (Compostela Cultura) en colaboración co Cinema NUMAX. A sesión contará con tradución en directo grazas á colaboración da Casa Galicia Japón ガリシア日本協会.

O autor nipón chega especialmente desde Xapón para nos falar do proceso creativo do seu novo filme, O LEÓN DORME ESTA NOITE, que terá a súa estrea en salas de toda España o venres 27 de abril da man de NUMAX Distribución. O encontro leva por título UN FILME COMO UN ENTROIDO, e ten entrada gratuíta até completar aforo. Podedes reservar xa a vosa entrada no correo acordaspalabras@santiagodecompostela.gal, indicando nome completo e número de contacto.

Estreado na Sección Oficial de Zinemaldia · Festival Internacional de Cine de Donostia-San Sebastián, O LEÓN DORME ESTA NOITE conta como gran protagonista co grande actor Jean-Pierre Léaud, que encarna a Jean, un nomeado actor de cinema, convocado a unha rodaxe no sur de Francia, moi preto da casa en que coñeceu na súa xuventude a Juliette, o grande amor da súa vida. Durante un descanso, aproveita para visitar unha amiga e percorrer os espazos de antano. Un grupo de nenos interrompe de súpeto a nostalxia que o axexa: preparan un filme de terror nas súas vacacións e comezan a perseguilo porque queren que Jean o protagonice. Este encontro, entre o que fora protagonista d'OS 400 GOLPES e os seus rebuldeiros sucesores, desencadea un conto fantástico inesperado e revelador bañado polo toque oriental característico do seu autor.


más conferencias, cursos, y congresos que te puede interesar...

Conferencias, cursos, y congresos

Durante los días 28, 29 y 30 de septiembre de 2018 en instalaciones del DogSport Center celebraremos un Seminario IPO, impartido por Yannick Kayser y Anne Eisemann, miembros del Kayserdog ... leer más