EXPOSICIÓN 'COLLAGRAFÍA' DE XAVIER BELHO
[do 6 de decembro ao 8 de xaneiro]
Inauguración o 6 de decembro ás 21h

Partimos do inicio, letras que se superpoñen desdibuxadas e ás veces visiblemente claras. Na mesma colisionan co novo e o vello reducindo o espazo á unha linguaxe gráfica. Caras e corpos enredados con palabras recortadas para que o ollo se axuste á mínima expresión visual. Doses extremadamente calculadas en base ao humano, letra e papel co que conforma un dúo imprescendible en tódolos tempos.

No final do ano constrúese o principio en pequenas xornadas de traballo. Entre lume e frío cadran a palabra e o debuxo, o debuxo e a palabra unidos nunha paixase inhóspita, anxelada...

[Texto de Araceli Silva]

Exposiciones, ferias y concursos

más Exposiciones, ferias y concursos que te puede interesar...