Vie.12.Ene 20:30
Aire centro de Arte. Exposiciones y talleres creativos., Santiago de Compostela

Estás convidado a esta nova inauguración en Aire!!! Desta volta a artista Loreto Blanco expón as fotografías dos seus seres misteriosos, Os habitantes de Gaia. Personaxes que ela atopa nos seus paseos pola natureza... agochados, quedan atrapados polas súas fotografías, e só se mostran aos nosos ollos cando, ao volcar as fotos no seu ordenador, Loreto edita as fotografías e van aparecendo os rasgos destes seres... que nos miran, falan e transmiten dende estas fotografías. Unha selección deles estarán nesta exposición e tamén recollidos nun libro-manual autoeditado con texto e cartas coas que xogar e interpretar as mensaxes que éstes nos queren mandar... Vides a xogar con nos????

Exposiciones, ferias y concursos

más Exposiciones, ferias y concursos que te puede interesar...