Conciertos Folk

Nat Simons será a primeira artista española en participar no ciclo Son Aloumiños. A calidade da súa proposta artística fai que sexa merecedora de participar nun ciclo tan singular.

Nat Simons publica o seu segundo álbum “Lights” baixo a produción de Gary Louris (The Jayhawks). Nat Simons brilla con luz propia e foi tal o descubrimento, que será a primeira artista española en formar parte de Son Aloumiños. A calidade da súa proposta meréceo.

En tan só dous anos Nat Simons converteuse na maior referencia da Americana music feita en España. O seu estilo único e o seu directo son unha viaxe entre o folk acústico e o rock potente
e conmovedor. Para Louris, “Nat Simons ofrece frandes cancións melódicas; as letras son boas e os seus arranxos están todos intelixentemente ordenados… e a súa forma de cantar é incrible... “.

Pode haber polo menos dez diferentes estilos de música americana, pero ela escolle una pequeña parte de cada un deles de todos eles e consegue un estilo realmente único.