Natalia Lafourcade - Son(s) Ferrol, Auditorio de Ferrol
18

Tras o seu paso por Barcelona e Madrid, Natalia Lafourcade recalará no mes de febreiro no ciclo Sons(s) Ferrol. A artista mexicana, coñecida pola súa mestura de sons latinoamericanos con elementos de jazz, rock, bossa nova e folk, interpretará os grandes éxitos da súa carreira e presentará, ademais, o seu último álbum Musas.

Desde o seu álbum debut en 2002, Natalia Lafourcade, a artista non parou de cultivar éxitos, logrando unha nominación aos premios Grammy con tan só 17 anos e alzándose, posteriormente, cun Grammy e cinco Grammy Latinos por Hasta la raíz, o seu traballo máis exitoso ata agora. En 2018regresa a España con Musas, unha homenaxe ao folclore latinoamericano en mans de Los Macorinos; unha xoia que Natalia puido crear xunto ao dúo de músicos que acompañou de xira á gran Chavela Vargas. Unha fermosa e delicada produción publicada en maio de 2017, ondea súa voz está acompañada pola calidez de dous guitarras acústicas, un catro venezolano, jaranas, percusións, piano, armonio e contrabaixo. Unha produción na que tamén destaca o contido audiovisual a través de poderosas imaxes que reflicten o trasfondo humano do proxecto. Lafourcade ofrecerá tan só tres concertos en España en 2018: Madrid, Barcelona e Ferrol.

Compra de entradas: desde 18€ en Ataquilla.com.

Conciertos Folk

más Conciertos Folk que te puede interesar...