O Rei morre, Padroado de Cultura Concello de Narón
9,5
Sáb.20.Ene 20:00
Padroado de Cultura Concello de Narón, Trasancos

TEATRO CONTEMPORÁNEO

Despois dunha noite de esmorga, o fatuo rei Berenguer I, que creou un mundo á súa medida, aparece en escena. Os sons da festa que oímos ao entrar na sala desaparecen, e o monarca dun reino de pacotilla, que se cría atemporal, recibe a noticia de que vai morrer. Non quere crelo. Pensa que é un pesadelo e dubida de que ese momento estea preto, polo que non deixa de dar ordes coa soberbia daquel que pensa que controla todo. Asiste así aos últimos momentos da súa vida xunto á súa primeira muller, Margarida, e o seu médico, que intentan conseguir que o rei acepte que está no final da súa vida.
Mentres, a súa segunda muller, a raíña María, intenta ocultarlle esta realidade e suavizar a súa agonía.

Xénero: TeatroContemporáneo
Lugar do espectáculo: Pazo da Cultura
Duración: 1H 10MIN
Prezos:
Público Xeral 9,50€ / 6.65€ Abonados, Desempregados ou Carne Xove ou de Estudante(ata 25 anos)

*A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.

**Espectáculo en período de reserva de abonado@s. Entradas á venda ao público xeral a partir do xoves 4 de xaneiro na billeteira do Pazo da Cultura ou a través da nosa web:
https://www.padroadodecultura.es/gl/espectaculos/evento/o-rei-morre

video: https://www.youtube.com/watch?v=dQkghc6rgLI

+info 981 102 897
#ViveoPazodaCultura

Teatro y espectáculos

más Teatro y espectáculos que te puede interesar...



más