O secuestro da bibliotecaria, Padroado de Cultura Concello de Narón
9,5

COMEDIA INFANTIL E FAMILIAR A PARTIR DE 5 ANOS

A señorita Ernestina é a fermosa bibliotecaria da vila de Paragón. Aínda que é orfa e non ten familiares ricos, os bandidos desta peza decidiron secuestrala. Pretenden xerar un caos cultural que obrigue ás autoridades a pagar polo rescate da bibliotecaria.

Así e todo as intencións desta banda tomarán un novo camiño ao descubrir que a señorita Ernestina os contaxiou co virus da varicela. A poucas persoas lles acaen ben os grans na cara, pero para uns ladróns resulta desastroso.Tomaría vostede en serio a un ladrón con graíños? Pois non, parece ser a resposta máis obvia; así que os ladróns deben tomar unha solución para o seu problema, pero non teñen nin idea de onde buscala.

Xénero: Infantil
Lugar do espectáculo: Pazo da Cultura
Duración: 55MIN
Prezos:
Público Xeral 9,50€ / 6.65€ Abonados, Desempregados ou Carne Xove ou de Estudante(ata 25 anos) / 5.50€ menores de 14 anos

*A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.

**Espectáculo en período de reserva de abonad@s. Venda de entradas ao público xeral a partir do xoves 4 de xaneiro na billeteira do Pazo ou a través da nosa web:
https://www.padroadodecultura.es/gl/espectaculos/evento/o-secuestro-da-bibliotecaria

video: https://www.youtube.com/watch?v=N5Yx1t5YOs8

+info 981 102 897
#ViveoPazodaCultura

Actividades para niños

más Actividades para niños que te puede interesar...