Pum, Pum!, Padroado de Cultura Concello de Narón
9,5

MONICREQUES

Familiar e infantil a partir de 5 anos

Marieta é unha nena coma calquera nena de 5 anos, ela está rodeada de portas, portas que se abren e contan historias. Historias que teñen música e cantan cando Marieta quere, pero Marieta ten unha porta que garda un segredo.

Un segredo que nunca contou e ninguén escoitou, por iso Marieta ás veces non fala e queda calada, por iso Marieta sempre se enfada, por iso dende hai tempo ten pesadelos e máis pesadelos.

Pum pum! é un espectáculo tenro que fala de historias cotiás que lles pasan aos nenos/as destas idades, pero tamén fala dunha mensaxe moi clara: desde moi pequenos/as teñen que saber que ninguén pode obrigarlles a facer cousas que non queren.

Xénero: Teatro
Lugar do espectáculo: Pazo da Cultura
Duración: 50 MIN
Prezos:
Público Xeral 9,50€ / 6.65€ Abonados, Desempregados ou Carne Xove ou de Estudante(ata 25 anos) / 5.50€ menores de 14 anos

*A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.

**Espectáculo en período de reserva de abonad@s. Entradas á venda ao público xeral a partir do xoves 4 de xaneiro na billeteira do Pazo ou a través da nosa web:
https://www.padroadodecultura.es/gl/espectaculos/evento/pum-pum

video: https://www.youtube.com/watch?v=6FQTr1QJi28

+info 981 102 897
#ViveoPazodaCultura

Actividades para niños

más Actividades para niños que te puede interesar...