Jue.18.Ene 21:00
BâBâ Bar, A Coruña

GRUPO QUINTAS CANELLA

Música de creación e autóctona, inspirada na tradición popular, e nos textos dos nosos cancioneiros medievais: Cantigas de Amigo, Cantigas de Amor e Cantigas de Escarnio e de Maldicer.
O Grupo Quintas Canella salta no tempo, aos séculos XII e XIII, á busca da lírica galega para compoñer melodías e ritmos para o cancioneiro dos xograres e trobeiros galaico-portugueses, poetas desmaiados, retranqueiros, sensibles, caralláns, místicos ou moinantes... Un repertorio que contén, ademais, temas inspirados en textos propios e de autores diversos.
As composicións e os arranxos son do grupo, con Xosé Quintas como impulsor do proxecto e autor da meirande parte dos temas. Aires medievais, pero actualizados e manifestamente inspirados no folklore e na tradición popular nos que mestúranse percusións, gaitas, flautas e guitarras eléctricas.
Quintas Canella ten dous discos publicados. O primeiro, “Por que no mundo mengou a verdade” (Zafiro, 1978), con Xosé Quintas nun proxecto como solista, e un de recente, “Alfa e Omega” (PolyRock, 2016), xa como grupo.
O quinteto estará no Bâbâ Bar, o xoves 18 de xaneiro a partir dás 21.00 horas, onde recuperarán vellos temas, interpretarán os recentes e presentarán outros inéditos que incluirán no seu próximo traballo.
Recuerda que puedes cenar viendo el espectáculo!!

Conciertos

más Conciertos que te puede interesar...



más