Re-admirando a condición - Sés en concerto, Padroado de Cultura Concello de Narón
12

NOVO DISCO DE SÉS

Se algo podemos destacar de Sés é o seu enorme carisma eforza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións o longo de toda Galiza, percorrendo diferentes escenarios, pobo tras pobo, cidade tras cidade. Aos poucos e grazas a transmisión boca orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse, foi conquistando ao público cun caudal de enerxía que chama pola unión e o cuestionamiento do establecido.

En decembro de 2017 vé a luz o seu 5º traballo discográfico e en xaneiro comeza a gira de presentación do mesmo por todo o estado.

Gravado nos estudos BRUAR, da Coruña, e producido por MARÍA XOSÉ SILVAR, a propia Sés, neste traballo conta na xira cos seus músicos habituais: Tito Calviño (guitarra), Fernando Fraga (baixo), Lorena "Cachito" Martín (batería), Lucía Cela, Lucía Souto e Rebeca Rama (coros) e Chicho Cordero (percusións)

Xénero: Música
Lugar do espectáculo: Pazo da Cultura
Duración: 1H 40MIN
Prezos:
Público Xeral 12€ / Abonados, carné Xove ou de estudante (ata 25 anos), Desempregados 8.40€

*A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.

**Espectáculo en período de reserva de abonad@s. Entradas á venda ao público xeral a partir do xoves 4 de xaneiro na billeteira do Pazo ou a través da nosa web:
https://www.padroadodecultura.es/gl/espectaculos/evento/re-admirando-condici%C3%B3n

video: https://www.youtube.com/watch?v=Ew2JpQFoZoo

+info 981 102 897
#ViveoPazodaCultura

Conciertos música Flamenca