Sáb.17.Feb 12:30
Librería Paz, Pontevedra

Vermú entre libros acolle a visita do poeta Ismael Ramos que conversará coa tamén poeta Míriam Ferradáns.
Nesta conversa haberá un co-protagonista: Lumes, o novo libro de Ismael editado por Apiario, porque Lumes contén nos seus versos á familia, á morte, ó corpo especialmente...
Compartimos un anaquiño da entrevista feita por Montse Dopico ao autor no que fala precisamente do corpo:

"O corpo nunca foi metáfora na miña escrita. Teño a certeza de que o corpo é o único lugar desde o que acceder a todo, desde o que estarmos. Neste libro vou máis alá, no sentido de ver como os corpos se relacionan coas demais fisicidades. O corpo é o que nos dá todo, somos corpo, pero o corpo tamén ten a capacidade de quitarlles a vida a outros seres, e a nós mesmos. E depender diso, desa realidade, é unha arma de dobre folla coa que temos que aprender a vivir. Ademais, é o único lugar desde o que podemos transcender. Quero dicir, que para pensar máis alá, o primeiro é saber o lugar onde estamos. E só podemos pensar desde o corpo."

http://apiario.eu/22__ismael-ramos

Presentación de libro

más Presentación de libro que te puede interesar...

PROGRAMACIÓN CASA DAS CRECHAS FEBREIRO 2018
Reservas aquí: reservascrechas@gmail.com

Xoves 1 22:00 (de balde)
EINSTEIN JAM SESSION
Jose ... leer más

Presentación de libro
Sáb.13.Ene a 31.Mar 19:00

Grupos de conversación en inglés.
Plazas limitadas, es necesario apuntarse con anterioridad.
Practica tu fluidez, repasa lo ... leer más

Presentación de libro